domingo, 30 de novembro de 2014

O proceso de Orientación Laboral

Actualmente a orientación laboral en Galicia é un proceso individual, esto é, axústase ás necesidades que un orientador laboral detecta na persoa orientada, partindo da base de que non hay ningún marco académico determinado e que unha gran parte do desempeño profesional dos orientadores é levado a cabo baixo directrices autónomas en función dos seus coñecementos e das súas competencias e habilidades.

A orientación laboral ten unha meta clara, que é a inserción laboral (ou a mellora de emprego nos casos que proceda).

Pode ser un proceso puntual, de cara a solventar dúbidas laborais e/ou formativas ou procura de información tamén ao respecto, ou pode derivar nun IPI (Itinerario Persoalizado de Inserción), onde un orientador e un orientado comprométense a unha serie de tarefas para a procura activa de emprego.

A orientación é un proceso individualizado, flexible (debe permitir cambios e os axustes necesarios para acadar os obxectivos) e debe buscar a autonomía dos orientados. O obxectivo é servir de guía, pero trátase de que o orientado sexa autónomo no seu propio proceso de procura de emprego.

Pode darse a orientación de xeito individual, a un só orientado, ou de xeito grupal, como por exemplo talleres de motivación, de habilidades socias, de resolución de conflictos,  ou talleres de búsqueda de emprego.

Pero a orientación laboral non se queda só no terreo puramente profesional, senón que ás veces ten que indagar un pouco máis aló cando se trata de colectivos vulnerables, e saber cal é a causa de que os orientados non melloren a súa empregabilidade.

Sobre as entrevistas de orientación

É importante que o orientador teña na primeira entrevista unha actitude sen prexuizos e estereotipos, só escoitando á persoa, sen emitir xuizos de valor.

Intentarase que se trate de preguntas abertas, onde a persoa poida flar libremente, debemos entender que a primeira entrevista é un diagnóstico previo.

Ademáis dunha actitude cercana á persoa, o orientador debe ter tamén unha actitude profesional e ainda que teñamos un protocolo previo establecido, debemos ir axustando a entrevista aos diferentes orientados.

Se se vai a tratar de orientación puntual, debemos ter en conta facer unha boa base diagnóstica, para poder orientar de xeito preciso á persoa no seu proceso. 

Os Itinerarios de inserción

Constan de varias fases:

Na primeira fase dunha orientación laboral o orientador debe dar unha información real sobre o servizo, sobre que consta e que conleva, para que no haxa lugar a equívocos, moita xente acude aos servizos de orientación laboral a que lle busquen un emprego. Debe deixarse claro desde o primeiro momento.Tamén nesta primeira fase se determina como é a motivación da persoa para a procura de emprego.

A segunda fase é unha recolllida de datos da persoa, a nivel laboral, formativo, social, aptitudes, actitudes e outras habilidades para a procura de emprego.Tamén é preciso facilitar á persoa a toma de decisións respecto ao que foi a súa traxectoria profesional e respecto ao que será a partir deste momento.

Unha terceira fase trata de seguir e acompañar á persoa no seu proceso de búsqueda de emprego, facilitándolle recursos prelaborais e preformativos, derivando á persoa a obradoiros, talleres e titorias.O orientador supervisa o traballo realizado pola persoa orientada, e ir solventando dúbidas, seguir fomentando a procura activa con unha actitude positiva.

A cuarta fase é a entrevista de mantemento, cando a persoa atopou un emprego, conseguiu unha entrevista de traballo ou xestionar xa de xeito autónomo a súa procura de emprego. Infórmase á persoa de aspectos laborais, resolución de conflictos, etc.

A quinta fase é de renovación, para determinar novas necesidades e orientar á persoa na toma de decisións e se fose o caso fixar un novo obxectivo.

A sexta fase, e última,  e o peche, e pode ser con inserción laboral ou sen ela, pero sabendo que a persoa é autónoma no seu proceso e está indo polo bo caamiño.

O orientador e a prospección
Unha das tarefas do orientador laboral é a prospección de empresas, para dar a coñecer un servizo de intermediación laboral, ou axudar a cubrir un proceso de selección en curso.

Persoalmente fago a prospección en  base aos perfís cos que traballo, e coñecendo previamente o trecido empresarial da zona.

A prospección ademáis pode ser como as cartas de presentación, é dicir, en respota a unha oferta ou como autocandidatura espontánea.

Unha vez que teño claro o tecido empresarial e os perfis que poden encaixar nun proceso de selección ou nunha empresa, trato de recopilar toda a información posible da empresa, e unha vez que esto está completo establezo contacto vía telefónica principalmente. Ás veces cando non é posible falar coa persoa responsable de Recursos Humanos trato de conseguir o correo electrónico e así o primeiro contacto é vía mail.

Nunca visito por visitar, pois paréceme unha perda de tempo e considero que non chega a nada.

Se a persoa está interesada no que lle comento via mail ou telefónica establécese unha cita presencial. Que  a cita chega a bo porto e se produza colaboración é o obxectivo desexable, pero se non é así seguimos mantendo contacto coas empresas, facilitándolle información que pode ser do seu interese ben via mail ou telefónica.

Que non precisen do noso servizo nun momento non quere decir que se descarte unha colaboración futura.













Ningún comentario:

Publicar un comentario