martes, 18 de novembro de 2014

Entorno persoal de aprendizaxe (PLE)

Entendemos o 'entorno persoal de aprendizaxe' (PLE) como o 'conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utilizada de forma asidua para aprender' (Castañeda, J. Adell, 2013). Así, no PLE de cada persoa se integrarán as experiencias que configuraron a súa educación formal xunto coas novas experiencias de aprendizaxe facilitadas polas tecnoloxías da información.

Nos últimos anos estamos comprobando como as TICs cada vez están presentes en máis ámbitos da nosa vida coa proliferación de novas tecnoloxías, ao mesmo tempo que se está a desenvolver a chamada revolución da sociedade da información, a través de diferentes dispositivos conectados a internet. 
É neste contexto da sociedade da información onde, asistimos ao nacemento da Web 2.0, entendida como o conxunto de ferramentas tecnolóxicas para a creación social e o coñecemento e que, a diferenza da web 1.0, se caracteriza pola incorporación de usurios a través das Redes Sociais. A web 2.0 caracterízase pola creación de contidos, o establecemento de recursos compartidos, e o control da calidade de forma colaborativa entre os usuarios.  


Este novo contexto de interacción en internet a través da web 2.0 repercutiu, como non, no ámbito da educación formal pero tamén na educación non formal e informal, reforzando a educación ao longo da vida ou educación contínua do individuo. É neste contexto onde se xera e desenvolve o noso entorno persoal de aprendizaxe (PLE), como un entorno cambiante e flexible que nos permite elixir as fontes, contidos e métodos para a aprendizaxe, é dicir, desenvolver habilidades e capacidades para aprender, ou o que é o mesmo, aprender a aprender.

Como exemplo, amoso a continuación unha imaxe reprensentando o meu PLE:



Ningún comentario:

Publicar un comentario